Taboleiro de Anuncios


Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns


-

NIF:G36691855
Estrada Zamáns, 251 - 36310 Zamáns (Vigo)
Tfno-Fax:986 468039
Email: zamans@zamans.org

 

                                                                                  

                                                                                                    Zamáns, 25 - xuño -2010

 

Estimados socios/as:

Achegámosvos a programación da Festa do socio que se celebrará o vindeiro sábado 3 de xullo nas instalacións do Centro Cultural.

 

Contaremos coa exposición dos traballos realizados nos cursos da vogalía de muller, bolillos, tapizado, pintura... e tamén cunha exposición de fotografías.

As actuacións comezan ás 18:30h, será o grupo de pandereteiras da Asociación “Abeleira” quen inicie a festa.

Sobre as 19h poderemos disfrutar do baile e da música do grupo de baile Xinela da Asociación acompañado por un grupo de gaitas.

A continuación, sobre as 20h do serán, acompañaranos a Banda "Escola de Música da UVCD de Candeán".

Dentro do programa de actuacións, debido ó éxito do ano pasado, contaremos coa intervención dun coñecido humorista da TVG “Somoza”, que conta cunha intensa traxectoria por vilas galegas e incluso máis aló das nosas fronteiras, como na Arxentina, a súa intervención será a partir das 21h.

Para poñer unha nota gastronómica ó evento, haberá pinchos variados para tódolos socios presentes a partir das 21:30h, farase  unha homenaxe a un socio e realizarase tamén o sorteo dunha fin de semana para 2 persoas no Hotel- Balneario de Mondariz.

E como broche final da festa, disfrutaremos dun concerto do Grupo Folk Virandeira da Asociación a partir das 22:30h.

 

_________________________________________________________________________________

-Recibos socios

Ademáis da programación queremos recordarvos que aínda quedan pendentes de pago algúns recibos, debendo abonar 30€ os recibos familiares e 20€ os unifamiliares, o pago pódese efectuar no Centro ou en calquera oficina de Caixanova na conta 2080-0082-4-1-0040004240.

Aproveitamos para poñernos como sempre a vosa disposición e agradecervos a colaboración.

Recibide un cordial saúdo.